O Eixe Atlántico, de Pontevedra a Santiago por 11,80 euros e a Vigo por 5,80
Por Oskar Viéitez
Renfe estrea o próximo sábado 18 de abril o Eixe Atlántico por vía de altas prestacións entre A Coruña e Vigo con 10 frecuencias diarias por sentido de servizos rápidos de Media Distancia.
Nesa xornada de estrea, os billetes sairán á venda cun 50% sobre a tarifa xeral T4 de media distancia, pero só se se adquiren na web de Renfe.
Os novos servizos rápidos pararán nas estacións da Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo-Urzaiz incrementando deste xeito o número de paradas por sentido. Tamén haberá paradas en Padrón-Barbanza, Redondela, Arcade e Cerceda - Meirama.
Implántanse os servizos de proximidade que conectan as diferentes poboacións do corredor cos principais núcleos urbanos. Estes servizos prestaranse cos trens actuais. Os novos servizos rápidos manteñen o prezo das tarifas con reserva de praza (Tarifa T4), o mesmo importe que ata agora.
Os servizos de Proximidade tamén manteñen a mesma tarifa T2 de Media Distancia que xa existe na actualidade.
TEMPOS DE VIAXE
Co novo servizo mellóranse os tempos de viaxe en todos os percorridos. Así por exemplo, o traxecto entre Santiago de Compostela e Vigo poderá realizarse en 50 minutos, A Coruña e Vigo poderá realizarse en 80 minutos; e Vigo e Pontevedra quedarán conectados en tan só 15 minutos.
Renfe establecerá, ademais, un servizo extraordinario de atención ao cliente durante 15 días nas estacións de maior afluencia para orientar aos viaxeiros sobre os horarios, a utilización das máquinas autovenda ou os novos servizos.
Relacionadas:
-
O Eixe Atlántico recibiu máis de 145.000 pasaxeiros dende a posta en marcha dos trens rápidos
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 6.000 persoas subiron ao tren na estrea do Eixe Atlántico de alta velocidade
Por Redacción |
-
O trazado de alta velocidade do Eixe Atlántico comezará a funcionar o sábado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O tren do Eixe Atlántico xa circula en probas por Pontevedra, os billetes sairán á venda en abril
Por Mónica Patxot |