O Eixe Atlántico recibiu máis de 145.000 pasaxeiros dende a posta en marcha dos trens rápidos
Por Oskar Viéitez
A ministra de Fomento, Ana Pastor, informou en Pontevedra que nos últimos 15 días o corredor ferroviario do Eixe Atlántico recibiu máis de 145.000 pasaxeiros que optaron polo tren rápido para desprazarse entre Vigo e A Coruña.
O dato trasladado pola ministra confirma ademais que o repunte de demanda que rexistra o Eixe Atlántico se mantén constante.
Tamén en política de infraestruturas, Pastor sinalou que no próximo mes de xullo se iniciarán as obras da A-57 a "circunvalación de Pontevedra" e puxo en valor a medida adoptada polo Goberno en febreiro de 2013 na AP-9, que permite a gratuidade na viaxe de volta entre Vigo e Pontevedra: "En lo que lleva ya el descuento, los ciudadanos se han ahorrado 6,5 millones ".