Nenos, saíde do autobús!
Por Oskar Viéitez
Alumnos de Educación Infantil do CEIP A Florida protagonizaron unha iniciativa pioneira enmarcada no Programa Escolar de Educación Viaria destinada a ensinar os escolares a evacuar correctamente o autobús.
Nenos de 3 e 4 anos e os seus profesores aprenderon durante esta sesión a utilizar axeitadamente os cintos de seguridade do vehículo, a descender de forma ordenada e a manterse no lugar seguro indicado polos seus docentes.
Ademais, esta iniciativa serviu para que o profesorado coñecese os sistemas de seguridade do autobús, a forma de organizarse e distribuírse en caso de emerxencia, actuando con eficacia, entre outras cuestións de interese de cara a afrontar a situación.
Esta actividade desenvolvida pola Policía Local, coa que colabora a empresa de autobuses Monbús, estenderase a outros centros educativos e ciclos, adecuándoa ás idades dos destinatarios.
Relacionadas:
-
Un simulacro pon a proba a capacidade de resposta do persoal da Casa das Campás
Por Redacción |
-
23 menores saen ilesos do choque entre un autobús escolar e un turismo na rúa Estrada
Por Redacción |
-
Un autobús escolar choca cun turismo en San Adrián de Cobres
Por Redacción |
-
Evacúan a unha excursión infantil tras incendiarse o autobús no que viaxaban
Por Aitana Vidal & Oskar Viéitez |