A plataforma anti-compostaxe fretará autobuses para acudir a protestar ao pleno e manifestarase o 7 de maio
Por Oskar Viéitez
A plataforma anti-compostaxe anunciou este mércores unha serie de medidas de presión para protestar contra o proxecto de instalación dunha planta de compost no monte da Canicouva.
Este próximo luns esta plataforma fretará varios autobuses para que os opositores a este proxecto auspiciado polo BNG acudan ao Pleno Municipal dende a parroquia de Pontesampaio ou dende os municipios veciños de Ponte Caldelas e Soutomaior.
Ademais, o voceiro do colectivo, Ramón Agulla, anunciou que para o próximo 7 de maio convocaron unha concentración ás 20,00 horas na praza da Ferrería, seguida dunha manifestación polas principais rúas da cidade, ata a praza de España.
Esixen ó PSOE e ó PP que "firmen" que a planta de compost "no se va a hacer ahí"
Neste sentido, Agulla fixo un chamamento á cidadanía da zona urbana para que se adhira a esta causa contra a que denomina "a Sogama do sur".
A plataforma anti-compostaxe tamén estuda a posibilidade de emprender accións legais contra esta iniciativa.
Ramón Agulla rexeitou que esta mobilización teña " tinte político" pero esixe o PSOE e o PP que "firmen" que a planta de compost "no se va a hacer ahí".
Relacionadas:
-
Decepción entre os organizadores da manifestación anti planta de compostaxe pola escasa asistencia rexistrada
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Veciños de Ponte Sampaio no Pleno: "Para facer este vertedoiro terán que pasar por riba dos nosos cadáveres"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Fins Eirexas, da Plataforma contra a Incineración: "Aquí temos unha mafia, unha camorra que se chama Sogama"
Por Anxo Lourido |
-
Un informe encargado polos comuneiros conclúe que os terreos da Canicouva son "idóneos" para a planta de compost
Por Oskar Viéitez |
-
Tino Fernández "augura" que BNG e PP volverán pactar a construción da planta de compostaxe despois das eleccións
Por Oskar Viéitez |