O Concello pide a Costas a innecesariedade dos terreos do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra comprométese a manter o uso deportivo dos terreos do campo de fútbol de Ponte Sampaio. Así consta no escrito de solicitude de declaración de innecesariedade remitido á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa.
O goberno local pretende que, con este trámite, os terreos queden desafectados, como xa ocorreu co colexio de Ponte Sampaio.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández tiña recibido a petición do club Unión Sampaio e de diversos colectivos veciñais da parroquia para a realización deste trámite, co que se pretende garantir a continuidade da instalación, afectada pola Lei de Costas.
O Concello ten previsto realizar obras de mellora no campo, pero non pode acometelas ata que Costas ratifique que estes terreos son innecesarios para a protección do dominio público marítimo-terrestre.
Agustín Fernández indicou que, aínda que non consta a existencia de ningunha concesión sobre estes terreos, si que está acreditado que o campo de fútbol existe dende o ano 1976. Ademais, o Pleno do Concello solicitou en setembro de 1980 a concesión da parcela de 24.016 metros cadrados con destino a campo de fútbol, parque infantil e xardíns.
Tamén está acreditado que o Concello fixo obras de mantemento durante os anos 1996 e 1999, polo que queda acreditado que os terreos perderon as características que xustificaban a súa protección en calidade de dominio público marítimo-terrestre.
Relacionadas:
-
O fútbol base de Ponte Sampaio pide "clemencia" ante o lamentable estado de abandono dos seus vestiarios
Por Redacción |
-
Reclaman a Costas a desafección de máis de 20.000 metros cadrados en Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |
-
O Estado cede definitivamente ao Concello os terreos do colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Os socios do Unión Sampaio rexeitan as obras que o Concello proxecta na praia da Xunqueira
Por Redacción | Creada e actualizada