Melindres de balde na praza da Ferrería
Por Oskar Viéitez
Para promocionar a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, este mércores representantes desta vila coruñesa regalaron estes doces na praza da Ferrería.
Foron moitos os que non deixaron pasar a oportunidade para probar unha mostra deste bolo típico que celebra a súa festa o próximo día 10 de maio.
Declarada pola Xunta de Galicia en 2013 festa de interese turístico, o evento naceu hai un cuarto de século coa finalidade de protexer, poñer en valor e recuperar os obradoiros de repostaría en Melide e comarca, animando tamén ás novas xeracións para que esta tradición teña continuidade no futuro.
Para axudar aos visitantes meliados os gaiteiros que tocan na praza da Peregrina achegáronse ata o posto de doces para amenizar a degustación coa súa música tradicional. Como bos larpeiros, o seu xesto tivo recompensa.