Ao mal tempo boa Kata
Por Oskar Viéitez & Daniel Santomé
A chuvia non puido co ambiente festivo da celebración de Santa Katabirra.
A multitudinaria festa que reune cada ano aos estudantes universitarios pontevedreses volveu demostrar a súa capacidade de convocatoria, nun ambiente san no que non houbo incidentes, tal e como anunciaban algúns profesores agoreros, que ano tras ano organizan no campus unha cruzada contra este evento xuvenil que cualifican de "simple botellón".
Santa Kata é a festa dos estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, e dos alumnos de Publicidade e Relacións Públicas e Xestión e Administración Pública.
Santa Catalina de Siena, a patroa, queda dentro da Facultade, para iso contrátanse gardas de seguridade e pechan as súas portas. Fóra no campus os universitarios celebran a súa propia versión, Santa Kata, sen misas nin barretes e alleos á polémica.