A cidadanía inaugurará cunha andaina o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Por Redacción
A empresa de arqueoloxía A Citania comezou hai uns días a instalación da sinaléctica dos elementos patrimoniais que conforman o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e do roteiro que o artella.
Na vindeira semana remataranse os traballos de sinalización, de xeito que xa sexa posible o seu disfrute e percorrido por parte da cidadanía.
A publicación dunha guía informativa sobre este espazo e a posta en marcha da páxina web complementan os traballos de creación e posta en valor do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Este proxecto que foi posible grazas á vontade e á financiación das comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián e en breves datas será presentado públicamente en rolda de prensa e inaugurado cunha andaina conxunta á que estará convidada toda a cidadanía.