Andainas de primavera percorrendo o Neolítico marinense
Por Redacción
O próximo día 9 de mayo terá lugar a primeira das andainas que a Concellería de Cultura do concello de Marín ven de organizar, tras o éxito das que tiveron lugar en decembro pasado.
Esta vez a andaina percorrerá a historia do Neolítico aos romanos, percorrendo dende Marín, pasando por Monte Penizas, visitando o Menhir de Currás, o Castro da Subidá e voltando a Marín.
Con saída ás 10 da mañá e chegada na alameda Rosalía de Castro, tendo de punto de encontro a figura de Rosalia de Castro sita o lado das escaleiras, se visitaran distintos xacementos arqueóxicos e aproveitarase os miradoiros da ruta para falar de paisaxes históricas e da súa evolución ao longo dos últimos milenios.
As rutas teñen unha lonxitude similar duns 10 quilómetros. Son de dificultade baixa, tan só con algúns tramos de pendente algo máis acentuada, pero coa posibilidade de recuperar nas distintas paradas que se farán.
Tanto nos obradoiros como nas visitas guiadas haberá que apuntarse previamente no Museo Manuel Torres.