De Moscú a Hong Kong pasando por París: Pontevedra ten catro novas citas para expoñer o modelo de cidade
Por Natalia Puga
O modelo de cidade de Pontevedra sige expandíndose. Nas últimas semanas chegaron ao Concello convites de tres congresos e citas diferentes ao longo de todo o mundo para que expoñan o proxecto urbano pontevedrés. As tres citas celebraranse en Moscú, Hong Kong e París a partir de xuño, pero dende o Goberno local xa anunciaron que non acudirán a polo menos unha delas. Ademais, este mesmo mércores chegou á Administración local a comunicación de que lle concederon o Premio de Honra Cidade que Camina 2015 da Rede de Cidades que Camiñan.
A primeira cita celebrarase os días 25 e 26 de xuño en Moscú. Trátase do congreso 'Real Estate Rights' and cadastre registration ás an element for development of land management system' sobre dereitos inmobiliarios e catastro como elementos para o desenvolvemento do sistema de xestión da terra que organizan WPLA CEPE e o Servizo Federal de Rexistro de Estado, Catastro e Cartografía da Federación Rusa.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, explicou que neste momento, ás portas das eleccións municipais, non se poden comprometer a asistir porque o Goberno local pode cambiar tras o 24-M e despois dos comicios non terán tempo a organizar a viaxe.
A segunda cita, por orde temporal, será en París. Trátase da nova edición de Intermodes, o congreso internacional organizado pola Unión Europea sobre intermodalidade no que Pontevedra resultou premiada polo seu modelo de cidade en 2013. Este ano 2015 o evento celebrarase en París e a axencia europea "insisten a ver se podemos ir" para expoñer o exemplo pontevedrés, segundo explica Mosquera. O congreso será o 3 de xuño a asistencia pontevedresa non se puido confirmar. Ao ser en París, non se descarta que se poida asistir no último momento, pero será o novo Goberno local o que deba decidilo.
O xurado da terceira edición dos premios 'Cidade que Camiña' que concede a Rede de Cidades que Camiñan decidiu outorgar de motu propio o premio de honra a Pontevedra "polo seu excelente labor en favor dos viandantes e os nenos" e recorda que por este motivo a cidade xa foi recoñecida tanto nacional coma internacionalmente en numerosas ocasións. Entre as medidas postas en marcha destacan a redución integral da velocidade ata un máximo de 30 km/hora no municipio, a peonalización do seu centro histórico e a creación de rutas escolares seguras.
No caso deste premio, o Concello de Pontevedra si poderá acudir ao acto de entrega dos recoñecementos porque terá lugar no marco do III Congreso Cidades que Caminan, que se celebrará en Torres Vedras (Portugal) en outubro de 2015 e, segundo Mosquera, o novo Goberno local de Pontevedra aínda terá tempo para organizar a viaxe.
A última cita será o 26 de novembro en Hong Kong e será, igualmente, o próximo Goberno local o que decida a asistencia. Trátase da CINEV (China International New Energy Vehicle Show 2015), a mostra internacional de China sobre congresos de nova enerxía que organiza cada ano o Premio Cidade de Mobilidad Inteligente, que recoñece ás cidades de Europa e Asia que destaquen polas súas implementacións e compromisos en mobilidad intelixente.
Este 2015 invitaron a Pontevedra a que asista como relator e, ao mesmo tempo, a que se presente aos galardón, que premia por cada categoría a unha cidade europea e unha asiática.
Relacionadas:
-
Pontevedra, unha cidade que segue camiñando na procura de premios
Por Redacción |
-
Pontevedra, a Hong Kong para recibir en novembro un novo premio internacional
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, referente mundial: premiada por Dubái e a ONU polo seu modelo de cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Os membros de Intermodes, sobre Pontevedra: "ÿ fantástica, o seu modelo é único en Europa"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |