A Virxe de Fátima estará esta semana en Pontevedra
Por Redacción
A Virxe de Fátima estará esta semana en Pontevedra. Será a segunda ocasión na que a imaxe visite a cidade.
O Apostolado Mundial de Fátima pediu que a imaxe da Virxe de Fátima, bendicida por Pablo VI, que percorre España, veña á cidade do Lérez.
Estará no Santuario das Aparicións dende o luns e percorrerá varias parroquias ata o domingo, día 17, cando se trasladará á igrexa de Ardán con motivo da misa de despedida do cura párroco.
Entre os actos previstos durante estes días, destacan os do mércores 13, día no que a imaxe participará na procesión "de las antorchas" cuxo comezo está previsto para as 21 horas.