Unha ciclista cae á ría coa súa bici tras saírse da autovía de Marín
Por Oskar Viéitez
Unha muller resultou ferida tras caer á ría cando circulaba coa súa bicicleta pola autovía que une Pontevedra e Marín, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
Foi un particular quen alertou ao 112 do suceso minutos despois das 19,30 horas da tarde do sábado.
Tras esta chamada foron informados Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia aínda que, finalmente, non foron necesarios medios de rescate xa que a muller saíu da auga polo seu propio pe.
Con todo, foi trasladada polos servizos sanitarios de Urxencias Médicas ao Hospital Miguel Domínguez para recibir atención médica.
Tamén foron informados do sucedido a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Pontevedra.