Alumnos dos colexios A Xunqueira e Doroteas fan o roteiro dos Bolechas
Por Oskar Viéitez
Este luns fixeron o roteiro dos Bolechas un grupo de 41 alumnos de educación infantil do CEIP A Xuqueira 1 que sairon en dúas quendas, desde a praza da Peregrina.
Os segundos en facer esta visita foron 25 alumnos de primeiro curso de educación primaria do colexio Doroteas.
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos de 1 a 7 anos.
Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos fixeron un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.