Manuel Abelleira, reelexido presidente do Colexio de Arquitectos de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Os arquitectos da Delegación de Pontevedra elexiron como presidente do seu Colexio profesional a Manuel Abelleira Argibay, nas eleccións celebradas este martes.
O secretario será Anselmo Villanueva Peón e a tesoureira, María Luisa Pierres López, segundo informou o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Todos eles tomarán posesión dos seus cargos nunha xunta xeral ordinaria o próximo día 28 deste mes. O mandato prologarase ata maio de 2019.
Manuel Abelleira Argibay é arquitecto desde 1997. Nos últimos anos exerceu como presidente da delegación. A motivación para esta candidatura xorde da "experiencia acumulada e a intención de poder aportar unha mellor xestión e optimización dos servizos colexiais que reflicta no beneficio do colectivo, reducindo custes, así como tentar a difunsión da arquitectura e o bo facer dos arquitectos como retorno á sociedade a través do traballo dos compañeiros da delegación", trasladou nun comunicado.
Este martes tamén se renovaron os órganos de goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia, saindo elexido como decano, Antonio Maroño Cal.