A Xustiza dá a razón ao CHOP na reclamación dos moscosos de 20 traballadoras
Por Redacción
No conflito laboral aberto pola reclamación dos días de libre disposición, os moscosos, o Sergas fixo público este martes un auto xudicial do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, de data 30 de abril de 2015, no que aseguran "dá a razón á Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés" nunha reclamación de execución de sentenza presentado por 20 traballadoras do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Segundo estas fontes, o auto xudicial establece que a xerencia "xa executou nos seus propios termos a sentenza do TSXG" e di expresamente que as demandantes "non teñen dereito aos 60 días de libre disposición adicionais que reclamaban".
O auto decreta tamén o arquivo deste procedemento.
En cumprimento de diversas sentenzas dos Xulgados do Contencioso-Administrativo e dunha sentenza posterior do TSXG, a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés remitiu aos tribunais de xustiza as execucións dos fallos, "que demostraban que os traballadores demandantes xa gozaron dos permisos por días libre disposición, de acordo coa normativa aplicable sen excesos de xornada compatibles con ter traballado de mais".
Relacionadas:
-
Prosagal e a dirección de Recursos Humanos do CHOP vense as caras nos xulgados polos "moscosos"
Por Redacción |
-
"Temos que paralos, se teñen éxito en Vigo, despois privatizarán en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Condenan o Sergas a devolver os 'moscosos' dos últimos cinco anos a un grupo de traballadores do CHOP
Por Oskar Viéitez |