Prosagal e a dirección de Recursos Humanos do CHOP vense as caras nos xulgados polos "moscosos"
Por Redacción
O Xulgado contencioso administrativo número 1 de Pontevedra acolle este luns ás 10.30 horas un xuízo testifical no que testificará a dirección de Recursos Humanos do CHOP e a dirección de enfermería ante a demanda presentada polos traballadores que reclaman o seu dereito para gozar dos días de libre disposición, os coñecidos como "moscosos" (LDs).
A agrupación de profesionais da sanidade galega (PROSAGAL), con maioría na xunta de persoal do CHOP, sinala que tentaron manter reunións coa, ata este domingo 4, conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, sen éxito. Ela remetía a esta agrupación para manter un encontro coa responsable de Recursos Humanos, Margarita Prado. Con todo, o colectivo denuncia que se nega a recibilos desde xuño.
Desde PROSAGAL entenden que con esta actitude, os responsables do SERGAS buscan manter un conflito a pesar das sentenzas firmes que teñen os traballadores no seu poder e que o CHOP non aplica. Carolina Iñarrea, presidenta de PROSEGAL, afirma que desta maneira está a perderse diñeiro de todos os galegos xa que ven obrigadas a buscar solucións xudiciais. Tras a destitución de Rocío Mosquera á fronte da Consellería, o colectivo seguirá reclamando os seus dereitos ante o seu sucesor no cargo, Jesús Vázquez Almuíña, médico e alcalde de Baiona.
Relacionadas:
-
A presidenta da xunta de persoal dos hospitais de Pontevedra enfróntase a unha tensa moción de censura
Por Anxo Lourido |
-
Protesta ante os hospitais Montecelo e Provincial para denunciar unha contratación "precaria e escrava"
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores sanitarios esixen no xulgado poder gozar dos moscosos
Por Redacción |
-
A Xustiza dá a razón ao CHOP na reclamación dos moscosos de 20 traballadoras
Por Redacción |
-
Nace Prosagal, un "Podemos" sanitario que quere defender os profesionais dos centros de saúde públicos
Por Anxo Lourido |
-
Condenan o Sergas a devolver os 'moscosos' dos últimos cinco anos a un grupo de traballadores do CHOP
Por Oskar Viéitez |