Skate de altura para a tarde do sábado en Marín
Por Diego Torrado
O Parque Azul de Marín acolleu este sábado a Skate Contest, unha actividade programada dentro do II festival Prol Riders Festas de Cantodarea.
Na proba, organizada pola Asociación Marín Pro Riders, participaron 32 mozos chegados dende diferentes puntos de Galicia, que mostraron a súa habilidade enriba do skate.
O gañador na categoría Open, Juan Castaño, recibiu un talón de 100 euros, mentres que o mellor na categoría sub18, Pablo García, recibiu un lote de material cedido polos patrocinadores deste concurso, Playground Store e Spotskate.
Esta proba atraeu numeroso público ata as inmediacións do parque.