Campelo ultima os preparativos para a XXVIII edición da Festa da Ameixa
Por Redacción
O verán está a piques de comezar e con el chegan numerosas festas gastronómicas por toda a comarca. Unha das de maior tradición é a Festa da Ameixa de Campelo. A deste ano será a súa edición número 28 e celebrarase os días 11 e 12 de xullo.
O Concello de Poio confía en poder celebrar a festa nestas datas, sempre e cando a ría se atope aberta ó marisqueo e se poda contar co produto local que é o verdadeiro protagonista da Festa da Ameixa.
O pasado ano a celebración da Festa da Ameixa estivo a piques de seren posposta debido ao peche da ría. Así, están pendentes da información facilitada polo o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Marino de Galicia esperando que a apertura da ría sexa prolongada, co fin de poder celebrar un dos eventos gastronómicos máis importantes do municipio de Poio.
Para este ano 2015 xa están confirmadas as orquestras que animarán a noite do sábado e domingo. O folclore, como en pasadas edicións, tamén estará presente no evento gastronómico, así como a tradicional homenaxe ás mariscadoras xubiladas recentemente.
A Concellaría de Turismo segue a traballar no programa da Festa da Ameixa co fin de dinamizar a festa e ofrecer actividades complementarias nun evento que xa é unha cita obrigada para todos os amantes das festas gastronómicas.
Relacionadas:
-
Aprazan a Festa da Ameixa de Campelo ante o peche da ría para o marisqueo
Por Redacción |
-
Os técnicos detectan síntomas de recuperación de certas especies nos bancos marisqueiros
Por Oskar Viéitez |
-
Máis música tradicional e máis deporte nunhas Festas de San Xoán "para todos os públicos"
Por Alejandro Espiño |