Obras na entrada do Porto de Marín para ampliar o número de aparcadoiros
Por Redacción
A Autoridade Portuaria de Marín está a levar a cabo as obras de peche do recinto coa cesión de terreos para uso público que quedarán pegados ao valo que divide o espazo portuario e ás zonas que no Paseo Alcalde Branco permitirán máis superficie para o paseo e para o acondicionamento de máis prazas de aparcadoiro nesta zona de uso continuo dos veciños de Marín.
Os operarios están a asfaltar, colocando a entrada ao Porto, repoñendo servizos e controlando entradas e saídas necesarias para o recinto portuario atendendo ao plan de seguridade, segundo informa o Concello de Marín.
A principios de ano, o Concello de Marín redactou un proxecto co obxectivo de levar a cabo as obras que foran necesarias para esta reforma e solicitou un importe de 92.152 euros á Deputación de Pontevedra dentro do Plan de Investimentos, que foi aprobado este venres 5 na institución provincial.
Agora, o Concello de Marín procederá á contratación das obras que se realizarán pasado o verán mentres que a actual actuación ten unha finalidade temporal mentres se realizan os trámites para os traballos definitivos.
A proposta é comunicar a avenida de Ourense ao paseo e a zona do paseo Alcalde Blanco unila ao valado dotándoo de arboredo para o desfrute dos veciños.
Ao mesmo tempo incrementarase o número de prazas de aparcadoiro acondicionando as zonas de cesión e posibilitando unha mellor ordenación das zonas de estacionamento pasando de 234 prazas a 343.
Relacionadas:
-
A Autoridade Portuaria amplía o aparcadoiro de uso público da zona do Porto
Por Redacción |
-
Luz verde ás obras de acondicionamento da zona cedida polo Porto
Por Oskar Viéitez |
-
Avance das obras da entrada ao Porto
Por Oskar Viéitez |
-
Restriccións de tráfico no Porto de Marín polas obras dos novos accesos
Por Redacción |