Avance das obras da entrada ao Porto
Por Oskar Viéitez
As obras de mellora e ampliación dos espazos de uso público e entrada ao Porto de Marín dende a Praza de España avanzaron de xeito considerable durante os últimos días. Nestes momentos estanse a levar a cabo os asfaltados, o traslado da caseta, a nova rotonda e finalizando o peche.
A nova reordenacion deste ámbito está a xerar novos espazos que ao longo do verán se irán acondicionado convenientemente.
O Concello preocuparase porque o remate provisional das obras resulte o máis axeitado posible, mentres se procede á contratación por parte do Concello da empresa que acometerá a reforma final da praza.
EMPREGAMARÍN
Por outra banda, o pasado día 9 de xuño o alumnado participante no programa integrado de emprego EmpregaMarín tomou parte na acción formativa adicada á sensibilización cara ao autoemprego como posibilidade de entrada no mercado laboral.
A xornada foi impartida grazas á desinteresada colaboración da Asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE), que facilitou á ponente e puxo a disposición dos participantes no programa a sua experiencia e os seus coñecementos.
Durante as casi tres horas que durou a xornada, amosouse aos participantes as posibilidades de poñer en marcha unha idea de negocio e como vencer os medos que conleva levar adiante un proxecto empresarial, cales son os factores de risco máis comúns e experiencias de emprendedores que conseguiron desenvolver as suas ideas logo de plantexalas nun plan de viabilidade empresarial.
Logo dunha andaina de xa casi once meses, que comezou o pasado 1 de agosto de 2014 e que rematará o vindeiro 31 de xullo, o equipo técnico do proxecto ven traballando cun total de 60 persoas desempregadas ás que se lle deu formación e orientación cara ao emprego, o autoemprego, a igualdade, formación para preparar a proba libre da ESO. Os participantes neste programa asinaron ao longo do seu percorrido preto de 30 contratos de traballo de diferentes duracións.