Noite longa para que as alfombras reluzan no Corpus
Por Diego Torrado
A avenida de Santa María e a praza da Ferrería foron escenario de laboriosos traballos de creación das alfombras florais durante a tarde e a noite deste sábado 6. Trátase do ritual que se desenvolve con motivo da celebración do Corpus na xornada deste domingo.
Co marcado inicial do debuxo sobre o pavimento, ao longo da noite os participantes foron dando contido ás formas coa axuda de pétalos de flores e outros ornamentos vexetais.
Dende a xunta parroquial animan os veciños a que durante este domingo se engalanen as ventás e os balcóns con motivo da procesión que se iniciará tras a misa solemne ás 11.00 horas na Basílica de Santa María. Tamén piden aos veciños que lancen pétalos sobre o paso do Santísimo.