A Caixa Rural Galega abrirá unha oficina no local do Bar Gloria
Por Oskar Viéitez
Hai un par de semanas que pechou as súas portas o Bar Gloria situado na Avenida de Santa María. O local acollerá proximamente unha oficina da pequena Caixa Rural Galega, unha entidade con sede central en Lugo que decidiu entrar en Pontevedra, segundo informaron fontes do sector.
A Caixa Rural Galega navegou contracorrente durante a crise e a día de hoxe presumen de ter as súas contas saneadas sen necesitar de axuda estatal ningunha e de estar en proceso de expansión, como demostra a apertura desta oficina no centro da cidade do Lérez.
Xa hai anos que a Caixa Rural quedou soa, fóra do proceso de absorción que comeu as demais caixas rurais de Galicia, as de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Distinta dunha caixa de aforros, ao ser unha cooperativa crediticia participada por 16.000 socios, a entidade privada está obrigada por lei a destinar parte dos seus beneficios a fins sociais.
Desde a entidade destacan que Caixa Rural Galega é a única entidade con capital galego e que a práctica totalidade do diñeiro que presta o fai en Galicia.