O Grove planta a Sanxenxo na comisión para deslindar A Lanzada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4fb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55759ea8e6-comision-deslinde-o-grove.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/551/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55759f70e1-deslinde-o-grove-3.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo constituíu este luns a comisión de deslindamiento co obxectivo de continuar coa tramitación do expediente incoado para promover unha revisión dos límites ente os municipios de Sanxenxo e O Grove. A delegación do Grove non acudiu á convocatoria impulsada por Sanxenxo.
Tras este acto formal, a delegación desprazouse aos distintos puntos onde os sanxenxinos defenden que deben estar fixadas as marcas, tendo en conta os antecedentes históricos.
"Nos o que defendemos son os antigos lindes do monte de Noalla porque o que pretendemos con isto é respaldar aos comuneiros desa parroquia na defensa da titularidade histórica do monte da Lanzada" sinalou a alcaldesa en funcións, Catalina González.
A comisión do Concello de Sanxenxo está integrada pola rexedora, o primeiro e segundo tenente de alcalde, Salvador Durán e José Luis Rodríguez, respectivamente; e pola concelleira de Urbanismo, María Deza. Ademais, o enxeñeiro agrónomo José Antonio González Ferreira é o perito designado pola Administración sanxenxina para participar no deslindamiento, ao que José Antonio González Otero e José Manuel Rodiño Seijo acudiron como veciños.
Agora, o secretario xeral do Concello de Sanxenxo notificará á Xunta de Galicia os actos celebrados este luns coa finalidade de que a proposta sexa trasladada posteriormente ao Instituto Xeográfico Nacional.
A documentación que se remitirá á administración autonómica incluirá así un informe fotográfico e xustificativo dos lindes que defende o Goberno local, ademais da argumentación histórica desta proposición.