Conclúen as obras de mellora da área recreativa de Calvelo en Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cotobade ven de rematar os traballos de mellora da área recreativa da praia fluvial de Calvelo.
Estas obras tiveron un orzamento de 22.623 euros, dos cales 18.700 euros procederon dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dentro das subvencións destinadas a concellos da Rede Natura. O concello aportou o 21% correspondente ao IVE da obra.
O alcalde en funcións de Cotobade, Jorge Cubela, visitou este martes os traballos xunto co delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, así como representantes da Comunidade de Montes de Calvelo, Carlos Gómez e José Pichel.
Os traballos consistiron no acondicionamento e mellora da área de lecer desta praia fluvial situada xunto ao río Lérez, eliminando a vexetación invasora, instalando proteccións nas zonas de risco de caída a distinto nivel con novos valados de madeira e dotando de mellora de accesos e mobiliario para que os usuarios poidan gozar este entorno mediante a nivelación do firme.
Tamén instaláronse sete mesas de picnic de madeira e unha meda informativa panorámica.
"Tivéronse que utilizar materiais moi concretos porque é unha zona de enchentes e durante o inverno poderíanse producir subidas do río que danasen o mobiliario", explicou Cubela.
Segundo destacou o alcalde, esta praia fluvial trátase dunha das zonas máis concorridas durante o verán "e a súa mellora permite aos nosos veciños e os visitantes gozar do río Lérez".
O Concello de Cotobade conta con dous espazos naturais incluídos dentro da Rede Natura 2000, declarados como Zonas Especiais de Conservación, un e o río Lérez e outro a Serra do Cando.