A Asociación Amizade sae á rúa para recoller sinaturas contra o copago confiscatorio
Por Redacción
Integrantes da asociación Amizade sairá este xoves 11 de xuño, entre as 12.00 e as 14.00 horas, ao ámbito da praza da Peregrina para recoller firmas que apoien a iniciativa lexislativa que promove o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) que leve consigo a modificación da lei 39/2006, en materia de participación no curso das prestacións e servizos das persoas beneficiarias. Segundo este colectivo de persoas con dependencia nesta lei establécese o copagamento que "expulsa" moitas persoas do sistema polo gravoso dos seus requirimentos "en materia de axudas económicas".
A proposta de modificación céntrase no artigo 14 no que se solicita que para o cálculo de capacidade económica, ademais da renda e o patrimonio do solicitante, se teña en conta tamén o momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao longo da vida da persoa.
En relación ao artigo 33 proponse aumentar o mínimo exento para que os beneficiarios non se vexan obrigados a copagar por debaixo dese mínimo e que, en ningún caso, a participación do beneficiario chegue a superar o 60% do custo do servizo, ademais de garantir á persoa beneficiaria unha cantidade mínima para gastos persoais que será do 40% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples.