O furto do abrazo chegou para quedar
Por Redacción
O furto polo modus operandi do abrazo chegou a Pontevedra para quedar. Tras os tres casos detectados nos últimos días, este martes a Policía Nacional recibiu unha nova denuncia dun cidadán ao que abordaron na rúa e acabaron levándolle un reloxo antigo valorado en 6.000 euros.
Fontes policiais confirmaron que na tarde deste martes formalizou unha denuncia na Comisaría un home que fora vítima deste furto tan só unhas horas antes, sobre as 13.00 horas, na rúa Augusto García Sánchez. Unha muller abordouno, abrazouno de forma sorpresiva a pesar de que non a coñecía de nada e, cando se decatou, fórase.
Aparentemente, a autora do furto contaba cun cómplice nun vehículo, tal e como sucedera nun dos anteriores casos denunciados, neste caso, nunha parroquia do rural.
A Policía Nacional xa tivo constancia da presenza deste engano na cidade o 16 de maio e a semana pasada detivo unha muller de 22 anos de orixe romanesa como presunta responsable. Supostamente abordou unha muller cando camiñaba por unha céntrica rúa da cidade, colleulle as mans e díxolle: "que muller máis bonita, que guapa es".
Nos úiltimos días presentáranse na Comisaría outras dúas denuncias. O primeiro dos casos denunciado o día 2 de xuño á vítima subtraéronlle un reloxo valorado en 5.000 euros e este mesmo fin de semana unha muller foi vítima da subtracción duns aros de ouro por parte dunha muller que non deixaba de abrazala.
Relacionadas:
-
As ladroas amorosas volven a Pontevedra, esta semana caeron dúas vítimas
Por Redacción |
-
O 'furto da aperta' xa ten rostro: identifican unha muller de 26 anos
Por Redacción |
-
Se uns descoñecidos tentan estreitarte, sepárate e chama á Policía, volveu o 'furto do abrazo'
Por Redacción |
-
Onde está o médico máis próximo? De paso, quedo coas túas xoias
Por Redacción |
-
"Que muller máis bonita, que guapa es"
Por Oskar Viéitez |