Comezan os traballos de rehabilitación do estribo da ponte de Liñares na Lama
Por Redacción
Comezaron as obras de consolidación do estribo dereito da ponte de Liñares no concello da Lama cun presuposto de 21.343,72 euros e que realiza a Dirección Xeral de Patrimonio, da Xunta de Galicia.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, visitou os traballos que acomete a empresa Rehabita S.L. nos que se considera a mellora dos elementos para soster o estribo dereito da ponte, afectada polas últimas riadas. Ao mesmo tempo realizaranse obras de asentamento e consolidación da empedrada existente na ponte erosionada polas chuvias e o impacto das enchentes do río Xesta.
O viaduto de Liñares é unha obra arquitectónica que compón un dos elementos fundamentais da ruta do sendeirismo "Tralos pasos do río Xesta". Está datado en 1794 e trátase dun elemento de especial interese arquitectónico e turístico ao tratarse dunha das pontes máis emblemáticas do Camiño Real ou Camiño dous Arrieiros que realza a praia fluvial e se encontra próximo á Fervenza da Freixa.