Os Reis Magos gastarán 122 euros en cada neno pontevedrés
Por Oskar Viéitez
O equipo de marketing da Federacion Provincial de Comercio de Pontevedra realizou unha enquisa para coñecer que xoguetes son os máis demandados polos nenos de ata 14 anos e coñecer a cantidade que se gasta en xoguetes na provincia de Pontevedra, cantidade que ascende a preto de 11,63 millóns de euros, dos cales ao redor de 4,34 millóns corresponden a Nadal e sobre 7,34 millóns de Reis.
O importe medio de todos os xoguetes recibidos por cada neno en Reis está ao redor de 122,36 euros, aos que hai que engadir unha media de 72,36 euros por neno en Nadal e tres xoguetes de media.
En ranking dos xoguetes que máis pediron os nenos as súas Maxestades de Oriente este ano está ocupado nos seus tres primeiros postos polas bonecas Monster High, Videojuegos para as diferentes consolas e a Nintendo 3DS XL.
Os muñecos ocupan os seguintes postos neste escalafón: A Casa de Peppa Pig, Nancy, Playmobil, Barriguitas, My Little Ponny, Tablets para nenos, Barbie, Nenuco, Lego.
Os nenos pontevedreses seguen preferindo aos Reis Magos fronte a Papa Noel, en concreto o 68,1 % dos agasallos máis significativos realízanse a través de Melchor, Gaspar e Baltasar, o día 5 de xaneiro.
En canto aos agasallos para maiores de 14 anos son principalmente artigos dc roupa, e tecnoloxía (tablets, ordenadores, mp4, móbiles, teléfonos móbiles).
A conclusión á que chega a Federación provincial de Comercio é que o consumo de xoguetes nas festas de Nadal representa o 76 % dos xoguetes que se consumen na provincia de Pontevedra, o resto repártese entre as primeiras comuñóns, santos, aniversario e final de curso.