A Policía pilla dúas nenas menores furtando maquillaxe
Por Redacción
Produtos de maquillaxe, valorados en 90 euros, foi o botín que intentaban subtraer dúas nenas menores de idade cando foron sorprendidas por axentes da Policía Nacional.
Os policías procederon á identificación das dúas menores como presuntas autoras dun furto nun establecemento comercial.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra os feitos sucederon ás 14.10 horas da tarde deste mércores día 10 de xuño.
Os axentes patrullaban polas inmediacións da rúa Benito Corbal cando foron requiridos nun establecemento da zona onde ao parecer acababan de sorprender ás dúas nenas que trataban de abandonar o local con varios produtos de maquillaxe ocultos entre a roupa.
Despois de identificar as menores, trasladáronas a dependencias policiais onde contactaron cos seus proxenitores. A maquillaxe foi devolta ao establecemento comercial onde fora subtraído.