Plan de tráfico con motivo da carreira pedestre "Pontenoite 2015"
Por Redacción
Con motivo da carreira pedestre "Pontenoite 2015" o sábado 13 de xuño, produciranse restricións á circulación de vehículos, tanto no Centro Histórico coma en vías perimetrais.
O horario de peche de vías está previsto para as 21:00 horas do sábado ata aproximadamente as 23:00 horas.
A Policía Local habilitará puntos de saída de determinadas zonas segundo se detalla no plano que se achega.
PERCORRIDO
Saída: Praza España; Michelena; Peregrina; Andrés Muruais; Praza Galicia; Augusto García Sánchez; Xeneral Rubin; Iglesias Vilarelle; Alcalde Hevia; Augusto García Sánchez; Andrés Mellado; Sagasta; Castelao; Daniel de la Sota; Benito Corbal; Praza Peregrina; Porta de Trabancas; Paseo Odriozola; Pasanteria; Sarmiento; Don Gonzálo; Senra; Ponte; Arcebispo Malvar; Prudencio Landin; Xeneral Martitegui; Alfonso XIII, Echegaray; Alameda; Raíña Vitoria; Oliva; Riestra; Praza España e remate en Paseo Montero Rios.
Ao longo do percorrido non se prohibirá o estacionamento de vehículos, si ben, os vehículos non se poderán mover ata o remate da carreira.
Co fin de permitir a mobilidade e cando as circunstancias o permitan, a Policía Local establecerá 6 puntos de saída para os vehículos que se atopen dentro do circuíto, si ben prohíbese a entrada dos vehículos ata o remate da proba.
É probable que coincida a proba co final do partido de fútbol de Pasarón. A Policía Local aconsella que o acceso peonil a cidade se faga a través da Ponte de Santiago cara a Padre Amoedo (sexto edificio do Museo).