A Comisión Europea concede un millón de euros á Deputación para un programa de prácticas laborais de FP
Por Oskar Viéitez
A Comisión Europea concedeu á Deputación de Pontevedra un millón de euros para un programa polo que titulados de ciclos medios de formación profesional farán prácticas laborais en empresas ou institucións europeas.
O programa, denominado Practicum Depo 2015, está orientado a completar a formación dos xoves, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral, según explicou este venres en rolda de prensa o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa.
As bolsas Erasmus+, que a Deputación de Pontevedra solicitou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos para a edición de 2015, van destinadas a mozos recén titulados en ciclos medios de FP.
Varios centros de FP da provincia se sumaron a este proxecto para enviar a Europa aos seus alumnos que realizarán prácticas de 6 meses en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países europeos, preferentemente de fala inglesa.
Trátase de prácticas moi ben remuneradas e de gran calidade pois os alumnos irán a países nos que hai mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades que oferten. Os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro.