Rematan as obras de saneamento e pavimentado na Praza do Pelete
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, supervisou o remate das obras de mellora realizadas no Pelete e que contemplaban, entre outras, solucionar problemas de saneamento que se localizaran na zona da praza así como o pavimentado desta. En breve procederase a completar as beirarrúas nunha zona da praza que faltaban por realizar.
Estes traballos permiten ter a praza do Pelete, lugar onde acolle as principais celebracións civís e relixiosas deste lugar, en perfecto estado ao tempo que se resolven problemas relacionados coa condución de augas fecais das vivendas existentes na zona.
Unha vez concluídas esas obras de saneamento procedeuse a realizar o asfaltado completo da praza do Pelete aínda que falta, como remate, colocar un tramo de beirarrúas.
Con estas obras o alcalde dá por cumprido o seu compromiso cos veciños deste lugar e cos traballos finalizados antes de que se celebre a Festa do Viño do Pelete tal e como se comprometera.