Paralizadas por falta de licenza as obras no Ateneo Corredoira de Combarro
Por Oskar Viéitez
Este mércores paralizáronse as obras na edificación Ateneo Corredoira de Combarro, que segundo informe da Policía Local de Poio se estaban a realizar sen licenza.
O Concello de Poio remitiu o expediente de infracción urbanística ao promotor da obra, á Dirección Xeral de Patrimonio, ao tratarse dun edificio catalogado, e ao titular do inmoble, a Deputación de Pontevedra.
As obras consistían na reforma da porta de entrada e interiores.
Os promotores teñen agora un prazo de tres meses para proceder a legalización do executado. En caso contrario, é dicir, de non proceder a legalización ou de ser o executado ilegalizable, procederase a acordar a demolición do indebidamente edificado.