Primeira ruta cabalar organizada por "Os da Lama"
Por Oskar Viéitez
O sabado 27 de xuño tera lugar no concello de A Lama a I ruta cabalar organizada por "Os da Lama", e que conta coa colaboracion do Concello e a comunidade de montes de A Lama.
A saída será ás 16.30 horas do aparcadoiro de Santana, polo camiño farán unha parada para tomar un bocadillo e un refresco.
Sobre as 22.00 horas comezará a cea que conta cun menú a base de empanada, mexillóns o vapor, churrasco e criollos, postre, café e chupitos e a continuacion: festa rachada, coa discoteca móvil "La Mega", todo isto por 15 euros.
A organización conta cun servicio de bar, carpa e zona de acampada.