Vía libre para acceder ás praias de Marín
Por Redacción
Os cidadáns xa teñen vía libre para o acceso ás praias de Marín. Xa teñen preparado para chegar ata a area tanto o vial de acceso en coche como a baixada directa a pé despois dos traballos que o Concello intensificou durante a última semana.
Segundo informou o Concello, intensificáronse as tarefas de limpeza, mellora e acondicionamento ante a chegada do bo tempo que posibilita a afluencia de moita xente aos areais de Marín. De feito, aseguran que están preparados os servizos relativos a balizamento, limpeza, recollida de papeleiras, kioskos, terrazas e baños.
Están listos tamén os hidropedais en Mogor, pero queda pendente a caseta de Aguete, que se colocará unha vez que pase a festa de San Juan.
Os preparativos de cara ao verán culminarán coa contratación dos patróns de embarcacións de apoio e socorristas nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, cuxa caseta de baños e modulo de socorrismo esta xa instalada.
A diferenza do que acontece noutros municipios como Pontevedra, onde os socorristas xa empezaron a traballar esta fin de semana, en Marín non empezarán a prestar servizos ata o 1 de xullo. Este luns aínda queda pendente realizar a segunda proba de selección do persoal.
Relacionadas:
-
Queixas na praia de Bascuas pola falta de vixilantes despois de que os bañistas salvasen un rapaz de morrer afogado
Por Oskar Viéitez |
-
Instauran o sentido único no vial de acceso as praias de Portocelo, Mogor e Aguete
Por Redacción |
-
Marín contratará 20 persoas en paro como socorristas este verán
Por Redacción |