Descontos de ata o 70% no adianto das rebaixas de verán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O final de curso, as festas de San Xoán, calquera escusa é boa para aqueles comercios que se animaron colgar xa nos seus escaparates os carteis de rebaixas. Aínda quedan case dúas semanas para o inicio do tradicional período de ofertas que historicamente comezaban o 1 de xullo.
Chega unha nova tempada de descontos coas rebaixas de verán 2015, grazas á actual regulación comercial, que outorga unha flexibilidade aos comerciantes para elixir períodos de rebaixas cando máis lles conveña.
É o caso das empresas do grupo Cortefiel, H&M, Blanco e numerosas franquicias de moda e calzado ofrecen descontos de ata o 75% nos primeiros días do período.
De momento, só uns poucos comercios tradicionais ofrecen descontos e, sempre, de forma moi puntual.
Fontes do sector estiman que hai dúas razóns fundamentais que explican este adianto por parte dalgúns comercios, por unha parte é un indicio de que a facturación non está sendo a apropiada e por outra parte, a posibilidade de adiantarse ás rebaixas das tendas do xigante Inditex.