O pleno organizativo marca o inicio do segundo mandato de María Ramallo
Por Redacción
Marín celebrou este martes o seu pleno organizativo no que se deron conta das primerias resolucións da alcaldía de nomeamentos e delegacións xenéricas, así como das delegacións na Xunta de Goberno Local, organización de Comisión Informativas e áreas de Goberno.
Aprobáronse a periodicidade das sesiones (o segundo mércores de cada mes, ás 20:00 horas), o cobro polas asistencias (162 euros por pleno e 108 euros por comisión informativa, para os concelleiros sen dedicación exclusiva), e designar os cargos que terán dedicación exclusiva ó concello e o persoal eventual que se contrate.
En Marín, as xuntas de goberno serán os mécores ás 13:30 horas.
O equipo de goberno do Concello de Marín aprobou continuar coas dedicación exclusivas que tiñan na anterior legislatura, a da Alcaldía e dúas máis, dentro dos parámetros económicos que están os postos os que se aparellan os salarios dos funcionarios equiparados.
A Alcaldía un euro máis que o posto da Secretaria Xeral. O Tenente de Alcalde equiparado a Xefatura do servicio de Urbanismo. A concelleira delegada de Medio Ambiente e Benestar social equiparado a un Técnico de Administración Xeral.
Se continúa coa contratación dunha persoa na secretaria particular da Alcaldía, nos mesmos termos que na anterior lexislatura e en lexislaturas anteriores equiparando a súa retribución á de un administrativo de administración xeral.
Son os que están previstos no Presuposto Municipal e que permanecen invariables desde fai 8 años, reduciendo fai 4 años de 4 dedicacións a 3, téndose reducido a baixada dos soldos que tamén afectoulles ós funcionarios.