O Concello de Marín constitúe as comisións informativas xenéricas
Por Redacción
Este martes celebráronse as sesións constitutivas de 4 das 7 comisións informativas que mensualmente reuniránse antes da celebración dos plenos ordinarios.
Reuníronse as comisións informativas de Turismo e Comercio; Deportes e Xuventude; Urbanismo, Facenda e Persoal; e Tráfico, Policía Local e Movilidade.
Estas comisión informativas están compostas tal e como foi acodado polo Pleno organizativo fai uns días por 7 membros, o presidente ou presidenta 3 membros do PP, 1 do PSdeG-PSOE, 1 do BNG e 1 de Marea Marín.
A primeria sesión foi constitutiva para a elección da presidencia que asumirán os responsables das áreas, así como a fixación con carácter ordinario da datas e horas da súa celebración.
Así quedaron elixidos e propostos pola Alcaldía, Cristina Acuña González para Turismo e Comercio; Antonio Traba Miñones, Deportes e Xuventude; Manuel Santos Costa, Facenda e Persoal; e Francisco Estévez Salazar, Policía Local e Movilidade.
O mércores celébraranse as 3 restantes, Cultura e Festas; Medio Ambiente e Benestar Social; e Medio Rural, propoñendo os delegados das áreas que recaerán en María José do Pazo Allariz, Marian Sanmartín García e Pablo Novas Caballero, quedando así esta semana todas elas constituidas.