Josef Ajram: "El boom del deporte es lo único bueno que nos ha dejado la crisis que hemos pasado"
A economía e o deporte son, aparentemente, dous ámbitos da vida totalmente diferentes. Pero para Josef Ajram (Barcelona, 1978) os valores do deporte poden aplicarse aos mercados financeiros ou axudar a favorecer a posta en marcha dun proxecto empresarial. Sobre iso xirou a conferencia que o popular bróker e triatleta impartiu este mércores no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Ajram participou nunha xornada motivacional organizada por Proponte, un proxecto de asesoría a pequenas e medianas empresas cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) a través de fondos europeos.
A través desta iniciativa, destacou, "buscamos impulsar y colaborar en este camino tan difícil como es el emprendimiento y la creación de una PYME" e, concretamente, a súa achega é impartir por todo o territorio nacional este tipo de conferencias nas que "intento transmitir los valores del deporte a la empresa y explicar cómo se pueden aplicar a las empresas las enseñanzas que te da la bolsa".
Neste sentido, Josef Ajram relatou aos asistentes -o salón de actos do Museo estaba totalmente cheo- como os seus inicios no mercado bursátil, alá por 1999, non foron doados. "Me fue fatal, pero me atrapó completamente", dixo. Pero aos poucos entendeu que necesitaba tempo para si mesmo, porque as súas xornadas laborais podían alcanzar as dezasete horas diarias. Así foi como entrou en contacto co deporte.
Alí descubriu como o deporte "te ayuda a trabajar en equipo, a comunicar, a creer en uno mismo y a marcarse objetivos", unha ensinanza que pode aplicarse ao mundo empresarial porque "cualquiera puede hacer eso", segundo o bróker catalán.
Ademais, Ajram destacou que dentro da "fórmula de la felicidad" que promociona nos seus libros e nas súas intervencións públicas, que consiste en repartir o tempo e dedicar oito horas do día a durmir, oito a traballar e oito a un mesmo, o deporte xoga un papel esencial. "Es lo único bueno que nos ha dado la crisis", explica
"Mucha gente ha empezado a correr y hacer deporte, se ha comprado unas zapatillas y durante unas horas se olvidan de sus problemas. Es un boom que no va a volver atrás", afirmou. E máis en Pontevedra, cidade que recoñece como sede habitual de campionatos da súa modalidade preferida, o tríatlon. "Con todo el clima tan duro que tenéis, hay una tradición increíble de grandes deportistas. Todos ellos tienen un doble mérito", sinalou.
Xa en cuestións económicas, Josef Ajram cre que a peor época da crise "ya pasó", pero recoñece que esta sensación tardará en trasladarse á cidadanía. Ademais, engadiu que "no es un buen momento para invertir" debido á incerteza que xera Grecia e as eleccións xerais en España, previstas para novembro. Esas dúbidas son o "enemigo" para calquera inversor, polo que "yo me esperaría a después de las elecciones a ver qué pasa".