Jóvenes cocineros de 15 países diferentes visitan el Puerto de Marín
Por Redacción
O Porto de Marín acollerá este venres a visita dun grupo de 40 alumnos de diferentes nacionalidades que participan no Programa de Verán da Escola Internacional de Cociña de Valladolid.
Estes estudantes proceden de USA, Ucraína, Puerto Rico, Arabia Saudí ou Finlandia. Xunto a eles encóntrase ademais un grupo de mozos cheffs de países como Canadá, China, Corea, Dinamarca, Irlanda, Reino Unido, México, Singapore ou Taiwan que están a desenvolver un programa de formación en gastronomía española a través do ICEX España Exportación e Investimentos.
Ao finalizar a súa formación, os estudantes farán prácticas en diferentes restaurantes de primeiro nivel en toda España, entre eles Casa Solla, en Poio.
O grupo ten previsto chegar ás 10 horas ao salón de actos da Autoridade Portuaria onde serán recibidos polo presidente José Benito Suárez Costa. Alí recibirán unha explicación sobre os produtos pesqueiros da Ría de Pontevedra a cargo de Manuel Otero da empresa O Percebeiro.
A continuación, visitarán no porto as propias instalacións do Percebeiro e Rosa dos Ventos para coñecer os seus procesos de elaboración e comercialización de peixe e marisco. O programa da visita inclúe ademais unha ruta en barco pola ría con degustación a bordo para coñecer de preto o cultivo do mexillón en batea.