Estudantes pontevedreses regresan do extranxeiro ao rematar as prácticas Erasmus+
Por Redacción
Tres alumnos do ciclo superior de Produción en Industrias de Artes Gráficas do IES Montecelo remataron o seu período de prácticas formativas en empresas de Portugal e Reino Unido. Os tres alumnos, Jorge, Loli e Jarol, participaron no programa Erasmus+ de educación superior, K103, grazas ao cal puideron cursar o módulo profesional de Formación en Centros de Traballo (FCT) en diferentes países da Unión Europea.
A valoración de cada un deles é moi positiva, tal e como comenta o alumno Jorge López: “considéroa unha experiencia moi didáctica xa que se trata dunha empresa grande que traballa para todo Portugal, África e algúns países europeos e polo tanto recibe gran variedade de traballos. Sendo unha empresa ideal para comprender ben o proceso produtivo dunha empresa gráfica en todas as súas etapas”.
Pola súa banda, a alumna Loli Tejo valora a experiencia en Portugal altamente enriquecedora e de grande interese para o seu futuro profesional xa que que lle permitiu entrar a formar parte da plantilla dunha empresa do mesmo grupo localizada en España.
Jarol Jesús Vásquez, que optou por rematar a súa formación no Reino Unido, anima a outros estudantes a participar neste programa xa que ademais de coñecer a realidade empresarial doutro país permíteselles mellorar as competencias lingüísticas doutro idioma, no seu caso o inglés, e ser partícipes doutras culturas e realidades sociais. A súa preparación, a súa iniciativa e a actitude cara ao traballo permitiu que a empresa inglesa lle ofrecera asinar un contrato laboral para incorporarse neste mes de xullo.
O IES Montecelo continuará o vindeiro curso escolar 2015-2016 coa súa participación neste tipo de programas, tanto ofertando prazas de Erasmus+ para alumnado de ciclo superior, como prazas para alumnado recén titulado de ciclos medios, a través do consorcio asinado coa Deputación Provincial de Pontevedra.
Mediante esta última modalidade, dende o mes de outubro ata o mes de marzo, dous alumnos do ciclo medio de Preimpresión e un alumno do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia terán a oportunidade de insertarse laboralmente en Italia e Reino Unido.
Relacionadas:
-
A falta de recursos non impedirá aos universitarios pontevedreses gozar dunha bolsa Erasmus
Por Redacción |
-
68 novos estudantes de intercambio fan de Pontevedra un campus políglota
Por Redacción |
-
Seis meses de prácticas remuneradas en Europa para 123 alumnos de FP
Por Redacción |
-
Jóvenes cocineros de 15 países diferentes visitan el Puerto de Marín
Por Redacción |
-
Dez alumnos con discapacidade do IES Montecelo realizarán prácticas na Deputación
Por Redacción |