O PP rexeita no Parlamento a paralización do derrubo de vivendas esixida polo seu grupo municipal en Vilaboa
Por Oskar Viéitez
Os socialistas galegos demandaron este venres no Parlamento a paralización de calquera actuación que puidera levar a cabo a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) no Concello de Vilaboa ata que o PXOM estea aprobado, "a efectos de evitar danos irreparables a veciños e veciñas cuxas vivendas poden ser legalizadas polo instrumento de ordenación urbano xa aprobado inicialmente".
Na defensa dunha proposición non de lei, a viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego, lembrou que "todos os grupos da xunta de portavoces municipal votou a favor desta paralización", pero a iniciativa non saiu adiante na Cámara e non contou co apoio do PP.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Vilaboa está en trámite dende hai case 13 anos, ao longo dos cales sufriu diversas modificacións para adaptarse a unha morea de cambios na lexislación autonómica en materia de urbanismo.
A día de hoxe, está aprobado inicialmente e á espera de que o equipo redactor elabore o preceptivo documento que será enviado á Xunta de Galicia, para que esta dea o visto e prace e así poder realizar os trámites para a súa aprobación provisional.
Dado o tempo transcorrido entre informes e requirimentos documentais e superados os prazos establecidos na lexislación vixente, mentres non se aproba este PXOM o concello voltou a rexerse dende o pasado 28 de decembro de 2014 polas normas subsidiarias do ano 1988, que non responden ás necesidades de planificación do municipio na actualidade.
"Esta situación representa varios riscos para o concello e tamén moitas dificultades para a veciñanza, como o que está pasando nunha vivenda en Postemirón, parroquia de Figueirido, que a APLU quere derrubar pero co novo PXOM podería ser legalizada", apuntou.
Relacionadas:
-
A Xunta contesta aos veciños de Vilaboa: as ordes de derrubamento están xustificadas
Por Redacción |
-
Fiscalía pide a demolición dunha vivenda en Vilaboa e penas de prisión e multa para os seus propietarios
Por Redacción |
-
Postemirón e A Graña reclaman a urxente tramitación do Plan Xeral para legalizar as súas casas
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa a socialista Carmen Gallego de "facer demagoxia" cos problemas urbanísticos de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman no Parlamento galego a paralización dos expedientes urbanísticos en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Postemirón claman contra o desafiuzamento dunha familia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |