O PP acusa a socialista Carmen Gallego de "facer demagoxia" cos problemas urbanísticos de Vilaboa
Por Oskar Viéitez
A voceira do Partido Popular de Vilaboa, Beatriz Rosendo, sinalou que "unha vez máis, a deputada Carmen Gallego, voltou a facer o ridículo no Parlamento de Galicia utilizando os problemas urbanísticos dos veciños de Vilaboa". Refírese a concelleira popular a proposición non de lei, defendida pola parlamentaria do PSdeG, na que solicitaba textualmente "Sobre a paralización polo Goberno galego, ata a aprobación do planeamento urbanístico do concello de Vilaboa, da execución de calquera actuación que puidese levar a cabo a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística nese termo municipal ".
Segundo di Beatriz Rosendo "non fai falta ser xurista nin ter coñecementos legais para saber que ningún parlamento, pode inaplicar unha lei vixente, pois estaría cometendo unha infracción, parece mentira, que unha persoa que foi conselleira leve tal proposición o Parlamento, cando sabe de antemán que vai a ser rexeitada".
A voceira do Partido Popular de Vilaboa afirmou que os responsables de non aprobar o PXOM están en Vilaboa e no seu propio partido político, "manifestado publicamente por Xosé Luis Poceiro nunha xuntanza veciñal", na que Beatriz Rosendo di que o alcalde "autoinculpouse públicamente".
Beatriz Rosendo indicou que é "totalmente falso" que a Axencia de protección da legalidade urbanística (APLU), queira derribar a casa dunha veciña de Postemirón, "posto que esa veciña concretamente aínda ten o expediente en fase de alegacións administrativas coa Aplu, actualmente o que ten é un auto xudicial que decreta o precinto, o cal está recorrido e non está executado".
Por estes motivos lamentou que Carmen Gallego faga "faga demagoxia" cos problemas dos veciños e recorda que a postura da Aplu é de "colaborar co Concello e coas diversas administracións para conseguir a aprobación do PXOM o antes posible".
Relacionadas:
-
Postemirón e A Graña reclaman a urxente tramitación do Plan Xeral para legalizar as súas casas
Por Oskar Viéitez |
-
O PP rexeita no Parlamento a paralización do derrubo de vivendas esixida polo seu grupo municipal en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Postemirón claman contra o desafiuzamento dunha familia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |