A Audiencia xulgará a unha rede nixeriana por explotar sexualmente mulleres con ameazas e vudú
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra sinalou para os días 30 de xuño, 1, 2, 3 e 7 de xullo para xulgar a unha rede nixeriana acusada dos delitos de inmigración clandestina, prostitución, pertenza a grupo criminal, trata de seres humanos, branqueo de capitais.
En total son sete acusados que se sentarán no banco, a maioría de nacionalidade nixeriana. Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xúlgase parte deles por participar nas operacións para traer dende Nixeria a España a unhas mulleres enganadas ás que obrigaron a exercer a prostitución e ás que controlaban a través do vudú.
Tamén están acusados de dedicarse de forma continuada dende 2010, e coa intención de obter un beneficio económico ilícito, ao traslado de cidadáns nixerianos á Unión Europea.
No relato de feitos da Fiscalía tamén menciónase que captaron unha menor, á que obrigaron a escaparse dun centro, e á que tamén forzaron a exercer a prostitución, neste caso en Murcia. Utilizaron tamén presuntamente o vodú para someter a vítima e a súa familia.
O caso procede do Xulgado de Instrución número dous de Ponteareas.
Entre os acusados encóntranse dous españois, vinculados a dous clubs de alterne, un deles en Ponteareas, para os que a Fiscalía pide catro anos de prisión por un delito de prostitución.
O resto dos acusados son nixerianos e enfróntanse a penas que oscilan entre os trinta anos no caso da muller que obrigou a prostituírse á menor, pasando polos seis, oito e doce anos de prisión por distintos delitos para os demais procesados.