O sector turístico avanza que a ocupación hoteleira en xuño é "esperanzadora"
Por Redacción
Areas, Montalvo, Silgar e Canelas lucen desde este luns bandeira azul, emblema de calidade das praias locais. A partir deste mércores, data na que se incorporarán os socorristas contratados dentro do Plan de Vixiancia de Praias, a bandeira ondeará tamén nos doce arenais que este ano conseguiron este distintivo.
O goberno local escolleu nesta ocasión a praia de Areas para o izado oficial tanto da bandeira azul como da Q de Calidade. No acto participou o alcalde, Gonzalo Pita, que estivo acompañado polos concelleiros de Medio Ambiente, Turismo e Cultura. Tamén asistiu ao acto o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), Francisco González.
O rexedor local augurou un verán moi positivo para Sanxenxo, unha apreciación na que tamén coincidiu o presidente do CETS, que, a pesar de que ainda carece de datos sobre a ocupación hoteleira no mes de xuño animouse a avanzar que é “esperanzadora”.
"Vemos alegría en las terrazas. Vemos terrazas llenas. Y vemos gente que no pregunta por el precio de lo que consume. Percibimos una alegría en el gasto y eso nos invita a pensar que desaparece la contención. Tenemos indicios para pensar que será un buen año". Francisco González apostou de novo pola fórmula que en Sanxenxo se vén desenvolvendo dende hai xa varios anos e que é o traballo conxunto entre a administración e o sector privado para avanzar no concepto de calidade. "En un sector convertido en una jungla de promociones es fundamental para nosotros que Sanxenxo destaque por su compromiso con la calidad", dixo.
SOCORRISTAS
O alcalde recordou que este ano o Goberno anterior adiantou a apertura de algunhas praias coa instalación dalgúns servicios, como os de tumbonas, chiringuitos e baños, animados polo bo tempo do que vimos disfrutando dende hai semanas; sen embargo, a contratación dos socorristas ten unhas datas concretas que non se moveron este verán, estando previsto para o día 1 de xullo a incorporación da totalidade da plantilla, tanto de salvamento como de sanitarios.