Telmo Martín asegura que co PP o goberno de Sanxenxo sería máis austero
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo celebrou este luns o primeiro pleno municipal co alcalde Gonzalo Pita presidindo a corporación local.
Neste pleno de organización o cuatripartito formado por SAL, BNG, PSOE e Sanxenxo Pode aprobou os distintos órganos de goberno e os salarios que percibirá cada un dos nove membros do executivo cumprindo a promesa, segundo dixeron, de reducir nun 20% os gastos que destinaba a dedicacións exclusivas, parciais e a postos de confianza o anterior goberno popular de Catalina González.
Gonzalo Pita sinalou que cobrará 38.000 euros fronte aos 50.000 euros da anterior rexedora.
Non obstante estas contas non lle saen ao voceiro do PP, Telmo Martín que cifra o recorte no 13%, "menos da metade do prometido".
Segundo o PP, o novo goberno custará 242.900 euros anuais, mentres que o anterior custaba 279.000, é dicir, 36.000 euros máis.
Telmo Martín desvelou que nas negociacións que mantivo con SAL para un posible acordo de goberno, o PP se comprometía a unha redución do 40%.