Búscanse nenos para participar nas carrozas da batalla de flores nocturna
Por Oskar Viéitez
A organización das Festas do Carmen 2015 busca nenos para participar nas carrozas da batalla de flores nocturna, que se celebrará o domingo 12 de xullo, ás 22:00 horas.
Os interesados poderanse anotar a partir do mércores día 1, ben no Concello, a partir das 9 da mañá, ou ben enviando un correo electrónico cos datos dos nenos, idade (mínimo 4 anos), e nome do adulto responsable con teléfono móbil de contacto.
A organización tamén necesita voluntarios para ir acompañando aos nenos, sobre todo os que son máis pequenos.
Unha vez rematado o prazo, este venres, dende a organización informarase aos seleccionados para informar en que carroza van e como teñen que ir vestidos.
ACCESOS A LOIRA
As Brigadas municipais acometeron a limpeza do acceso á praia de Loira. O obxectivo, indicou o Concello, é manter as praias cunha calidade nos servizos de limpeza acordes cos areais e presentar un estado de mantemento e acondicionamento óptimo, para poder ser gozadas por todos os veciños e os primeiros visitantes que xa se achegan a elas.