21 asociacións e colectivos de Pontevedra e Marín recibirán máis de cen mil euros en axudas
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ven de publicar o anuncio polo que se lle conceden máis de cen mil euros en axudas a 20 asociacións e colectivos de Pontevedra e Marín para a posta en marcha e promoción de diferentes iniciativas e proxectos de promoción de emprego e de integración social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada.
Trátase das axudas concedidas polos Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación dirixidas a entidades que teñen por obxecto a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención.
Estas axudas beneficiaron, o pasado mes de maio, a 160 entidades da provincia, 17 da cidade do Lérez e 4 de Marín.