25 empresas se presentaron ao concurso para construir a ronda leste de Pontevedra
Por Redacción
Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas para construir a Ronda Leste de Pontevedra, un total de 25 empresas concurriron ao concurso cuio prazo rematou esta semana.
Entre as 25 empresas presentadas figuran as máis relevantes e importantes do sector como Acciona, Dragados, Covsa, Taboada y Ramos, etc. etc.. Este venres, 3 de xullo, abriráse o sobre B, relativo á documentación técnica e a previsión da Deputación de Pontevedra é adxudicar a obra na seguinte semana.
A construcción da Ronda Leste de Pontevedra tén un orzamento de 1,8 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses. A obra afecta ao tramo comprendido dende a estrada PO-542 (Ponte Bora-O Pino) á estrada PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas) e acceso ao Hospital de Montecelo e a Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Os traballos previstos afectan a 33.473 metros cadrados de fincas de 63 propietarios. En virtude do convenio no seu dia asinado entre a Deputación e o Concello, as expropiacións correrán a cargo deste último.
O novo vial terá dous carrís de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peatonal de 4 metros. Ao longo de 1 kilómetro, construiránse 3 glorietas.
Relacionadas:
-
Inminente inicio das obras da Rolda Leste
Por Redacción |
-
Unha empresa de Villar Mir executará a Rolda Leste de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
As obras da Rolda Leste comezarán en febreiro
Por Redacción |
-
Louzán despídese da Deputación cun anuncio: as obras da Rolda Leste adxudicaranse nunha semana
Por Redacción |
-
26 días para optar á construción da ronda leste de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sae a licitación a Ronda Leste, que destinará 460.000 euros a expropiacións
Por Redacción |
-
A Ronda Leste sairá a licitación a vindeira semana
Por Redacción |