26 días para optar á construción da ronda leste de Pontevedra
Por Redacción
O Boletín Oficial da Provincia anuncia este luns a convocatoria do procedemento aberto para a contratación da obra de construción da Ronda Leste de Pontevedra cun orzamento de 1,8 millóns de euros e un prazo de execución de nove meses.
A obra afecta ao tramo comprendido dende a estrada PO-542 (Ponte Bora-O Pino) á estrada PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas) e acceso ao Hospital de Montecelo e a Cidade Infantil Príncipe Felipe.
As empresas interesadas na construción da nova vía de circunvalación de Pontevedra dispoñen dun prazo de 26 días naturais, a contar dende mañá, martes, 2 de xuño, para presentar as súas ofertas.
A obra afecta a 33.473 metros cadrados de fincas de 63 propietarios. A nova infraestrutura vial é froito dun convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra, que será o encargado de abonar as expropiacións precisas en solo non urbanizable, común e rural.
O novo vial terá dous carrís de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peonil de 4 metros. Ao longo de 1 kilómetro, construiránse 3 glorietas.
Relacionadas:
-
Unha empresa de Villar Mir executará a Rolda Leste de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
As obras da Rolda Leste comezarán en febreiro
Por Redacción |
-
Louzán despídese da Deputación cun anuncio: as obras da Rolda Leste adxudicaranse nunha semana
Por Redacción |
-
25 empresas se presentaron ao concurso para construir a ronda leste de Pontevedra
Por Redacción |
-
Só unha das 22 alegacións pide un cambio de trazado para a Ronda Leste
Por Redacción |
-
A Rolda Leste, que mellorará os accesos a Montecelo, licitarase a principios de 2015
Por Redacción |
-
Eptisa redactará o proxecto de construción da Ronda Leste
Por Redacción |